Quequé

Quequé

Héctor de Miguel Martín «Quequé» (Salamanca, 1977) deuse a coñecer en 1997, cando gañou o Imaginarock. E máis adiante cobrou fama a nivel nacional cando gañou o segundo certame de monólogos de El Club de la Comedia. Ten levado os seus monólogos ao teatro vinculado a 5 hombres.com e Noches de cómicos. En televisión podemos encontralo como presentador ou colaborador en diferentes programas: La Resistencia (#0), Se acabó lo que se daba (Telemadrid), LocoMundo (#0), Late Motiv (#0). A súa celebridade segue a crecer nos programas de radio La lengua moderna (SER), xunto a Valeria Ros. E La vida moderna (SER) xunto aos cómicos David Broncano e Ignatius Farray. Os tres representan tamén o espectáculo La Vida Moderna Live Show de xira por diversos teatros de España.