Quico Cadaval

Quico Cadaval

Quico Cadaval (Riveira, 1960). Actor, director, contador, adaptador teatral, guionista, estudoso… Quico Cadaval é un apaixonado da cultural galega e portuguesa e coñecedor como ninguén da tradición oral en Galicia. Autor do Códice Clandestino (1989), O rouxinol de Bretraña (1991) para a compañía O Moucho Clerk, e Espantoso (2002), premio María Casares ao mellor texto orixinal do ano. En teatro dirixiu entre outras as obras Días sen gloria de Roberto Vidal Bolaño, Noite de Reis de Shakespeare, Oeste solitario de Martin McDonagh ou a Ópera dos tras reàs de Bertolt Brecht co Centro Dramático Galego. Ademais, ten as súas costas unha dilatadísima carreira como contador de historias, cun humor nativo único.