Siro López

Siro López

Siro López (Ferrol, 1943) ten colaborado a o longo dos anos como debuxante en xornais tan importante como El Ideal Gallego, La Región de Ourense, Ferrol Diario, Diario 16, Diario de León e finalmente en La Voz de Galicia, onde traballou desde 1985. A obra de Siro tense exposto en varias ocasións e está presente en numerosas coleccións privadas e institucionais. Entre 1989 e 1991 a Televisión de Galicia emite o programa ¿Imos aló?, primeiro curso de galego en televisión. O programa é dirixido por Siro, que tamén realiza os guións. Asemade ten traballado de guionista para os espazos Monasterios y leyendas y Riscos. Tamén dirixiu e escribiu na radio en programas como Corre Carmela que chove (Radio Voz).