banda municipal coruna

Banda Municipal de Música de A Coruña

A Banda-Orquestra Municipal da Coruña naceu en 1947 baixo a dirección de Rodrigo A. De Santiago con dous agrupacións diferenciadas no seu seo e 75 músicos: por un lado, a orquestra que funcionou ata os anos 60 e é refundada en 1981, como o antecedente da actual Orquestra Sinfónica de Galicia, unha das mellores agrupacións instrumentais de España. Por outro, a banda naceu como unha colectividade completa en si mesma e permaneceu ao longo do tempo. Adquiriu un notable repertorio e afianzouse como unha das colectividades de maior categoría de España dentro do xénero. Ao longo dos anos ten contado coa dirección de excelentes músicos como Rogelio Groba co que a banda ampliou considerablemente o seu repertorio e mantívose na mesa liña de categoría artística. Desde 2017, a Banda Municipal de Música da Coruña está baixo a batuta de Juan José Ocón.