José Luis Castro de Paz

José Luis Castro de Paz (A Coruña, 1964) é licenciado en Historia da Arte e doutor en Historia do Cine, e Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Membro do comité editorial e/ou científica das revistas Transitions, Trama y Fondo, AdComunica e Archivos de la Filmoteca e da Xunta directiva da Asociación Española de Historiadores do Cine. Foi redactor xefe de Vértigo, revista de cine e colaborador de publicacións especializadas españolas e estranxeiras.