Marta González de Vega

Marta González de Vega é escritora, actriz, guionista e directora, destacada como unha das mulleres máis influíntes do cinema español. Iniciou a súa carreira en El Club de la Comedia, onde escribíu máis de 500 monólogos, destacando en paralelo en varias obras teatrais de éxito internacional. Traballou como actriz e coguionista nalgunhas das películas de máis éxito do cine español, como a saga Padre no hay más que uno e A todo tren. Con múltiples premios, deixou pegada en televisión, cine e literatura, consolidándose como unha figura polifacética e esencial na cultura española.