Billeteira
Billeteira Central Plaza Ourense
(de luns a venres -excepto festivos-
de 9:30h a 13h y de 16:30h a 19:30h)
Televenta
Ataquilla
902 504 500 (de luns a venres
-excepto festivos- de 8h a 22h)
entradas.ataquilla.com
ABONOS
Información sobre abonos
non dispoñible polo momento
Venres 7 de maio de 2021
07mayo21:00PANTOMIMA FULL21:00H · Teatro Colón

Detalles
A LA
Detalles
EN SU CABEZA ERA ESPECTACULAR
EN SU CABEZA ERA ESPECTACULAR é o segundo show de Pantomima Full dende que son coñecidos. Nin Rober Bodegas ni Alberto Casado imaxinaban que os vídeos dun minuto iban a dar para tanto, pero velaquí están. Se che gustou o primeiro show de Pantomima Full, prepararon outro 100% novo para que poidas volver velos sen sentirte estafado.
Se non viches o primeiro espectáculo de Pantomima Full, que saibas que esta segunda parte se entende perfectamente sen ver a primeira. E se non sabes quen son Pantomima Full e tampoco sabes moi ben como remataches lendo isto, vai ser difícil convencerte para mercar unha entrada cunha reseña. Mellor pon “Pantomima Full” en YouTube e se che mola, xa volves para aquí.
En definitiva, ver a Pantomima Full en directo é unha boa opción para pasar a tarde. Se non es de ir ao teatro, pois unha noite que fas algo distinto. Non te cambia a vida pero que clase de estúpido pretende mudar a vida da xente cunha obriña de teatro. Aquí ves, ris unha hora e pico, marchas e sigues ca túa vida de sempre. Para ben ou para mal. E se te decepciona, sempre poderás dicir que: En su cabeza era espectacular.
Artistas
Pantomima Full: Rober Bodegas e Alberto Casado
Info
90 min. – Sketches, comedia – Recomendado a partir de 16 anos.
Hora
(Viernes) 21:00
Cómo llegar
VER MAPASábado 8 de maio de 2021
08mayo19:30HUMORIS CAUSA Sesión 19:30h19:30H • Palacio da Ópera

Detalles
Á VENDA
Detalles
HUMORIS CAUSA é un espectáculo sen precedentes. Este ano o espectáculo principal do EMHU conta con catro dos mejores humoristas deste país xuntos por primeira vez en escea.
A impredecible Ana Morgade (Zapeando y El Hormiguero) capitaneará unha gala na que poderemos gozar da ironía de Leo Harlem (Padre no hay más que uno, Villaviciosa de al lado y El mejor verano de mi vida), o bo facer e a tenrura de Carlos Blanco (Somos Criminais y Fariña) e o solemne surrealismo de Javier Cansado (Faemino y Cansado e Ilustres Ignorantes), que realizará a ESTREA MUNDIAL de su primeiro monólogo en solitario.
Artistas
Leo Harlem, Ana Morgade, Carlos Blanco y David Amor
Info
90 min. – Monólogos, comedia – Recomendado a partir de 14 anos
Hora
(Sábado) 19:30
Cómo llegar
VER MAPA08mayo22:30HUMORIS CAUSA 2020 Sesión 22:30h22:30H • Palacio da Ópera

Detalles
Á VENDA
Detalles
HUMORIS CAUSA é un espectáculo sen precedentes. Este ano o espectáculo principal do EMHU conta con catro dos mellores humoristas deste país xuntos por primeira vez en escea.
A impredecible Ana Morgade (Zapeando y El Hormiguero) capitaneará unha gala na que poderemos gozar da ironía de Leo Harlem (Padre no hay más que uno, Villaviciosa de al lado y El mejor verano de mi vida), o bo facer e a tenrura de Carlos Blanco (Somos Criminais y Fariña) e o solemne surrealismo de Javier Cansado (Faemino y Cansado e Ilustres Ignorantes), que realizará a ESTREA MUNDIAL de su primeiro monólogo en solitario.
Artistas
Leo Harlem, Ana Morgade, Carlos Blanco e Javier Cansado
Info
90 min. – Monólogos, comedia – Recomendado a partir de 14 anos
Hora
(Sábado) 22:30
Cómo llegar
VER MAPADomingo 9 de maio de 2021
09mayo20:00MIGUEL NOGUERA - ULTRASHOW20:00H · Auditorio de Edificio Afundación

Detalles
ENTRADAS EN
Detalles
MIGUEL NOGUERA IRRUMPE CO SEU ULTRASHOW
O humor do Ultrashow de Miguel Noguera é inclasificable. Así, podemos dicir que se trata dun monólogo con pasaxes improvisadas e bifurcacións inesperadas, a cabalo entre a conferencia e a peza teatral.
Como funciona? Noguera sube a escea e lanza 30 ideas ou imaxes mentais, unha tras outra e sen importar demasiado a orde, xurdidas de anotacións e debuxos diarios. A partir delas, Miguel Noguera crea un espectáculo cómico no que alterna un discurso vehemente propio dun telepredicador ou dun líder totalitario co ton suave e informal dun estudante adolescente. Dende un canto improvisado ata lecturas e reflexións constrúen este show único.
Foto: Juanpa Ameneiros
Artistas
Miguel Noguera
Info
70 min – Monólogos / Teatro de humor – Recomendado para maiores de 18 anos
Hora
(Domingo) 20:00
Lugar
Auditorio de la Sede AFundación
Cantón Grande, 8, A Coruña
Cómo llegar
VER MAPAMércores 12 de maio de 2021
12mayo21:00Vaquero y Clavero: Donde nace la comedia21:00H · MEGA Mundo Estrella Galicia

Detalles
Á VENDA
Detalles
Artistas
Álex Clavero y JJ Vaquero
Hora
(Miércoles) 21:00
Lugar
MEGA Mundo Estrella Galicia
Cómo llegar
VER MAPAVenres 14 de maio de 2021
14mayo21:00DEFORME SEMANAL21:00H · Teatro Colón

Detalles
Á VENDA
Detalles
DEFORME SEMANAL con Lucía Lijtmaer e Isa Calderón
DEFORME SEMANAL é un late night cultural e político presentado por dúas mulleres feministas: Isa Calderón e Lucía Lijtmaer. Este feito insólito en España debe ser celebrado. Deforme Semanal alónxase da perspectiva machirula e comenta a actualidade e os estereotipos para comprobar que, se o mundo pode ser unha traxicomedia, a realidade que nos rodea sen dúbida é un stand up irónico. Seica este late night de Diario Público é, antropolóxicamente, o máis interesante que ten acontecido nos últimos anos.
O pasado novembre de 2019, Isabel Calderón e Lucía Lijtmaer estrearon a terceira tempada de Deforme semanal, o espazo que elas mesmas producen, escriben e conducen. E recibiron a inauguración da tempada co cheo total do Palacio de la Prensa de Madrid, onde o gravan. Durante estes tres anos de vida de Deforme Semanal, entrevistaron a políticos como Pablo Iglesias, Gabriel Rufián ou Ada Colau. Ademáis tamén recibiron a personaxes coñecidos como Moderna de Pueblo, Thais Villas, Alba Flores, Joaquín Reyes, Facu Díaz e Miguel Maldonado, entre moitos outros.
Artistas
Isa Calderón y Lucía Lijtmaer
Info
90 min. – Comedia – Recomendado a partir de 16 años
Hora
(Viernes) 21:00
Cómo llegar
VER MAPASábado 15 de maio de 2021
15mayo12:3013:30LUIS PIEDRAHITA - DIARIO DE UNA PULGA12:30 H • Teatro Colón

Detalles
Á VENDA
Detalles
O DIARIO DE UNA PULGA É UN CONTO SINFÓNICO INSPIRADO NA OBRA DE CAMILLE SAINT-SAËNS, O ENTROIDO DOS ANIMAIS.
Luis Piedrahita conta as aventuras dunha pulga enana de pata corta que quere marchar a esquiar a Baqueira Beret. Dona Sara Sarcopsila, que así se chama a protagonista desta historia, percorrerá o mundo enteiro brincando de animal en animal, de corcova en chepa e de coiraza en pelame, procurando a famosa estación de esquí. Na súa viaxe visitará a espeluxada melena dun león, as escandalosas plumas dun galo, ou a forte coiraza dunha tartaruga e de moitos animais máis. A cada un deles están dedicadas as páxinas deste diario.
Conseguirá Dona Sara chegar ao seu destino? Que máis dá. A viaxe é o que conta: os amigos que atopamos, as cousas que aprendemos, as valores que descubrimos… Cando es unha pulga que viu mundo, non tes dúbidas: a mellor estación de esquí é o pescozo dun cisne.
Na peza musical O entroido dos animais, Luis Piedrahita vertebrará esta aventura na que se intercalan as vivencias da pulga cos distintos movementos da obra. Desta maneira os máis pequenos gozarán dunha divertida introdución que os preparará para escoitar a peza. Música, humor e pulgas. Unha obra para todos os públicos na que grandes e pequenos gozan da grandiosidade da música clásica e a cativeza dos sifonápteros.
O entroido dos animais de Camille Saint- Saëns
O entroido dos animais é unha suite musical en 14 movementos composta por Camille Saint- Saëns (Francia, 1835-1921). O compositor planeou a obra como unha broma para o día de Entroido. Nesta suite aparecen: leóns, galiñas, tartarugas, canguros, homenaxes a algúns músicos da época e varios animais máis. Ata a morte do compositor, O entroido dos animais non foi interpretado máis que en reducidos grupos escollidos xa que Saint- Saëns considerábaa unha obra menor. Con todo, actualmente, esta suite é unha das favoritas para os profesores de música que atopan na súa divertida partitura unha entrada perfecta para os nenos no marabilloso mundo da arte musical.
Artistas
Luis Piedrahita e Osquestra Infantil da OSG dirixida por Jorge Montes
Info
50 min. – Teatro familiar, contacontos – Recomendado a partir de 6 anos
Hora
(Sábado) 12:30 - 13:30
Cómo llegar
VER MAPA15mayo20:30LA VIDA MODERNA LIVE SHOW20:30H · Coliseum

Detalles
A LA
Detalles
LA VIDA MODERNA LIVE SHOW
La Vida Moderna Live Show nace do fenómeno de humor levado a cabo por David Broncano, Quequé e Ignatius Farray. «Corría o ano 2014 cando Cadena SER lle encargou a David Broncano un programa de radio cun orzamento tan pequeno que só lle deu para contratar a dous señores maiores con problemas co alcohol: Quequé e Ignatius.
Contra todo pronóstico, o que comezou sendo un programa especial para cubrir as vacacións das estrelas da SER, rematou por se converter nun espazo -semanal primeiro e diario, despois- ao redor do que se reunían miles de persoas con evidentes problemas de aceptación social e/ou simpatizantes de UPyD.
Dado o éxito da súa proposta, estas tres novas promesas da comedia pensaron: “Como podemos perpetuar a estafa?” E así xurdíu a idea de trasladar aos teatros o afliximento, estupor e preguiza que xera a vida moderna. O show, que bordea os límites do humor e dá renda solta ao absurdo, naceu en 2014, a partir dun programa de radio capitaneado por David Broncano. Ese mesmo ano deron o salto aos escenarios co seu homólogo teatral A Vida Moderna Live Show e, a finais do 2016, fixeron a primeira xira pasando por Valencia, Barcelona, As Palmas e Tenerife.
Desde entón, A Vida Moderna Live Show é un éxito alá onde vai: con case todos os espectáculos con sold out durante esta xira na que houbo proclamas de todo tipo, cancións, improvisacións co público, espidos, pasadas de freada e recollidas de cable.
A xira 2018-2019 formárona 17 actuacións que reuniron a máis de 50.000 espectadores. O circuíto finalizou o 28 de xuño no WiZink Center de Madrid #ante 7.500 espectadores.
Artistas
David Broncano, Quequé e Ignatius Farray
Hora
(Sábado) 20:30
Lugar
Coliseum
Rúa Francisco Pérez Carballo, 2, 15008 A Coruña
Cómo llegar
VER MAPADomingo 16 de maio de 2021
16mayo20:00FANTASTIC COLOFON20:00H · Teatro Colón

Detalles
Á VENDA
Detalles
GALA FINAL E ENTREGA DE PREMIOS EMHU 2020
O Fantastic Colofon é o espectáculo de clausura do EMHU. Trátase dunha gala creada para o festival e da que só haberá unha representación. Non a podes perder!
Ademáis, no evento contaremos con Luis Piedrahita (El Hormiguero e El Club de la Comedia), Xosé Antonio Touriñán (Fariña y Land Rober) e Silvia Abril (MasterChef, Tu Cara Me Suena y presentadora de La Gala de los Goya). Este elenco de luxo citará a varios compañeiros/as de profesión para presentar un espectáculo único e exclusivo. Tras máis de dez días de actuacións en directo, encontros, mesas redondas, exposicións e estreas, esta gala corona o festival dende o Teatro Colón de A Coruña.
Ademáis, xa que temos nun mesmo teatro a Silvia Abril, a Touriñán e a Piedrahita rodeados de amigos e cameos, aproveitaremos para entregar os Premios EMHU aos artistas gañadores deste ano. Os Premios EMHU 2020 son o broche final do Encuentro Mundial de Humorismo e do Fantastic Colofon. Contaráse coa colaboración da Casa Museo Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo e da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Artistas
David Perdomo, Xosé A. Touriñán e Luis Piedrahita
Info
90 min. – Monólogos, entrega de premios – Recomendado a partir de 14 anos
Hora
(Domingo) 20:00