Carolina Iglesias

Metade de Estirando El Chicle é Carolina Iglesias: guionista, cómica, presentadora, creadora de contidos… A caña, en resumo. Deuse a coñecer no Chat de Operación Triunfo e colaborando en Yu (Los 40) e La Hora Yutuber de Vodafone Yu. Coñecida en internet como Percebes y Grelos, na súa canle de Youtube fala de todas as súas paixóns: a cultura pop, Galicia e Eurovisión. Participou en diversos formatos televisivos como Zapeando (La Sexta), Lo Siguiente (TVE) ou Ilustres Ignorantes (Movistar+), pero tamén en plataformas dixitais como reportera en Verano Influencer (MTmad), colaboradora en Problemas del Primer Mundo (Flooxer) e colaboradora en OTVisión (Playz). Dende este 2023, presenta Días de tele xunto Julia Otero, na TVE.