
Encontro Mundial de Humorismo
Encontro Mundial
de Humorismo
O Encontro Mundial de Humorismo é a cita coa comedia máis relevante e multitudinaria de España. Impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e baixo a dirección artística de Luis Piedrahita, o EMHU reúne cada ano na Coruña os espectáculos máis escachantes e de maior éxito do momento. En 2025, máis de 20.000 asistentes gozaron dunha programación apta para públicos de todas as idades.
Figuras como Luis Piedrahita, Andreu Buenafuente, Sílvia Abril, Leo Harlem, Eva Hache, Javier Cansado, Carolina Iglesias, Javier del Pino, Ignatius Farray, Ana Morgade, Dani Rovira, Juan Dávila, Eva Soriano, David Broncano, Galder Varas, Henar Álvarez, Antonio Resines, Franco Escamilla, Lucho Mellera o Xosé A. Touriñán han formado parte del EMHU en anteriores ediciones, en las que el público ha podido reír, en directo, con Estirando el chicle, A vivir, Saldremos mejores, La Ruina, La vida moderna, Mentes peligrosas o La capital del pecado.
A sexta edición do EMHU, que conta co apoio do Concello da Coruña, a Xunta de Galicia e Estrella Galicia, celebrarase do 23 de abril ao 3 de maio de 2025. Serán once xornadas nas que o humor se reivindicará como forza e enerxía, demostrando que a comedia é, ante todo, unha actitude vital e unha disposición á acción.
Esta sexta edición rebélase contra o silencio frío do universo e eríxese, tal e como ilustra o seu cartel, como un superheroe feito de sorrisos disposto a plantar cara á entropía. Porque, como dicía Wenceslao Fernández Flórez, o humor é unha forza e unha actitude vital que require esforzo. Para librar esta batalla contra a tristeza, o EMHU desprega un arsenal de producións propias exclusivas como Humoris Causa, Fantastic Colofon ou a nova gala Chisteria Colectiva, artistas internacionais e as mellores xiras do momento. Aínda que a ciencia diga que non se pode vencer o destino, o EMHU empéñase en facer que a viaxe sexa marabillosa: cada gargallada no patio de butacas será unha batalla gañada nesta heroica guerra pola alegría.
Ademais, cada ano o EMHU celebra o humor coa entrega de galardóns que recoñecen o traballo de profesionais do sector. Son os Premios EMHU. A continuación podes consultar a lista de figuras premiadas estes anos.

Daniele Finzi Pasca
Premio EMHU
Álvaro Cunqueiro

El Mundo Today
Premio EMHU
Wenceslao Fernández Flórez

Malena Alterio
Premio EMHU
Fenómeno

Champi Muros, GR Tamara, Mery Fos, Oliva sin Hache, Oveya Nejra, Pablo Meixe, Pepe y Lucas, Prado Rúa, Xurxo Carreño
Premio EMHU Talento Dixital
Premio EMHU
Álvaro Cunqueiro

Antonio Resines
2024

Carlos Ballarta
2023

Jason Alexander
2022

Alejandro Dolina
2019
Premio EMHU
Castelao

Franco Escamilla
2025
Premio EMHU
Fenómeno

Marta González de Vega
2025

Goyo Jiménez
2024

Laura Caballero
2023

Carolina Iglesias e Victoria Martín
2022
Premio EMHU
Fugas

Siro López
2023

Cristina Castaño
2022

Moncho Borrajo
2019
Premio EMHU
Wenceslao Fernández Flórez

Eva Hache
2025

Xosé Ramón Gayoso
2024

Leo Harlem
2023

Andreu Buenafuente
2022

José Luis Cuerda
2019
Quen somos?
A dirección artística do festival corre ao cargo dunha das figuras máis representativas do humorismo nacional, o galego Luis Piedrahita, que estará acompañado das produtoras Etiqueta Negra e Producciones El Espectador, ás que une unha relación de colaboración de casi vinte anos.


Etiqueta Negra Producciones é unha empresa galega focalizada na industria do ocio e do entretemento. Dedícase á produción de eventos de gran formato a nivel nacional, así como á representación e distribución de artistas e espectáculos.


Producciones El Espectador é a produtora do humorista e mago coruñés Luis Piedrahita. Leva máis de dez anos desenvolvendo eventos corporativos, producindo espectáculos teatrais, publicaciones editoriais e creando contidos audiovisuais para televisión relacionados coa maxia e o humor.




