Roberto Vilar
Roberto Vilar comezou hai 30 anos a súa carreira televisiva no programa Café, café, da Televisión de Galicia. Despois chegaron Supermartes e Con perdón, no que coñece a Víctor Fábregas e crean o histórico dúo cómico Os Tonechos, que tantas noites de venres amenizaron o Luar. Actualmente produce, dirixe e presenta Land Rober Tunai Show, ademais do magazine de tarde Quen anda aí.