
La Forte
La Forte fai un percorrido desde a adolescencia ata hoxe satirizando a súa propia experiencia e facendo alarde dunha vida tremendamente absurda e chea de incongruencias.
Porque falta xente que cale… pero non será ela.
Tiquismiquis, perfeccionista, obsesiva, mística e fan da troula e da chirigota, La Forte chega a Estoy como nunca despois de xirar case dous anos con Mujeres: la Dramedia. Sorprendentemente, co anterior espectáculo conseguiu numerosos ‘sold out’ por toda España e agora cre que airear os trapos sucios e máis íntimos das mulleres é unha boa idea.




