Laura Márquez

Cómica e guionista de referencia, Laura Márquez representa a agudeza e a frescura da nova onda do humor nacional. Tras anos forxando o seu talento detrás das cámaras e escribindo guións para os programas máis importantes do país, como La Resistencia ou Late Motiv, decidiu dar o salto definitivo ao escenario para demostrar que a súa voz propia é unha das máis necesarias do circuíto actual.

Nesta edición do EMHU, a súa presenza garante unha comedia de autor, sen filtros e cargada dunha autenticidade que desarma calquera guión previo.