Tres, dous, un… IMPRO!
Volve un dos encontros máis agardados do EMHU. Este 2026 reencontrámonos coa Escola de Impro no encontro humorístico-deportivo que máis sorrisos nos arrinca cada ano. Unha mestura de teatro e axilidade onde dous equipos de alumnas deixan a pel creando escenas irrepetibles ao instante, seguindo as imprevisibles directrices do público e dos árbitros, Oswaldo Digón e Víctor Grande.
Un ano máis, temos as nosos equipamentos, as nosas cartolinas, os nosos bolígrafos e os nosos papeis preparados. De novo, estamos predispostas a rir coma nunca. Que comece a competición!





