Contra todo pronóstico
Un espectáculo que só se pode vivir en directo. Unha conversa escénica que cambia de invitado en cada función e onde só a protagonista sabe como empeza, como se desenvolve e como remata.
Todo parte dun feito real case imposible: Bárbara naceu dun embarazo extrauterino. Unha condición médica na que o embrión se desenvolve fóra do útero, algo que non permite a vida. Neses casos, o protocolo é claro: interrómpese canto antes, porque o feto non pode sobrevivir e a saúde da nai corre perigo.
Pero no seu caso, non o souberon a tempo. Escondíase en modo ninja durante as ecografías, e o que veían fóra do útero pensaban que era un tumor que habería que analizar tras o parto. Spoiler: o tumor era ela. E nove meses despois, contra todo pronóstico… naceu. Esa orixe extraordinaria —real, improbable, insólita— dá inicio ao espectáculo. E non é só unha anécdota médica: é a metáfora perfecta do que vén despois.
Desde aí, o espectáculo percorre a súa historia dende ese momento ata converterse en actriz. Nunha actriz fóra do canon estético tradicional en televisión. Isto nada ten que ver co seu nacemento, pero volve poñer a nosa protagonista nunha nova loita por sobrevivir, nunha industria que etiqueta rápido e encaixa lento.
Una historia sobre viviUnha historia sobre vivir nas marxes, sobre non encaixar no molde… e sobre non limarse para entrar nel.r en los márgenes, sobre no encajar en el molde… y sobre no limarse para entrar en él.
Cada función comeza con Bárbara en escena, quen se dirixe directamente ao público para confesar que isto ía ser un monólogo… Pero preferiu que non o fose. Porque esta historia, que tamén é moi súa, tamén é a de quen algunha vez se sentiu fóra de lugar, raro, incomprendido, incómodo no sistema.





