Humoris Causa
Se hai unha noite que define o espírito do Encontro Mundial de Humorismo,esa é Humoris Causa. Volve a gala máis esperada cunha promesa asegurada: que poidades ver por primeira vez catro cómicas xuntas sobre o mesmo escenario para que vos doia a mandíbula de tanto rir.
Para esta edición, Humoris Causa estará chea de risas, improvisación e talento. Moitísimo talento. Sobre as táboas da nosa gala estrela poderemos ver Álex Clavero, David Cepo, Eva Soriano e Galder Varas. Case nada!





