Faemino y Cansado

Javier Cansado e Carlos Faemino naceron en Madrid, pero poderían telo feito en calquera outro sitio. Traballan xuntos dende 1980, forxando unha carreira ecléctica e firme que abarcou teatro, televisión, radio, prensa e internet. A súa relación profesional estivo marcada por actividades tan diversas coma os xogos de mesa ou a venda de orchata. Cunha proposta única, encheron bares, cafés-teatro, teatros e anfiteatros, sendo capaces de xerar multitudes incluso no parque do Retiro de Madrid nos seus primeiros anos. As súas aparicións en televisión deixaron unha pegada indeleble, converténdose nun fenómeno da comedia.