Josito Porto

Josito Porto comezou no teatro na década dos oitenta e no audiovisual durante os noventa. Na pequena pantalla lémbraselle por papeis en series como Pratos Combinados, A familia Pita, Mareas vivas, Libro de familia ou Matalobos, cos que se converteu nunha das caras máis coñecidas da Televisión de Galicia. No teatro, foi partícipe de máis de corenta obras, onde destacan as súas interpretacións en pezas como Nano (1998), Sexismunda (2002) ou As mil vidas de Matías Houseman (2013), papeles que lle levaron a ganar o Premio María Casares.