El sentido de la birra Live
Ricardo Moya / Artista sorpresa
El Sentido de la Birra é un programa de entrevistas creado no 2018 por Ricardo Moya que suma cada día máis público grazas ao seu formato íntimo, humano e con grandes doses de humor. Nel descubrimos a cara máis próxima das figruas públicas, mais tamén nos achegamos a persoas descoñecidas cunha gran historia que contar. s
O formato El Sentido de la Birra Live promete emocións fortes e grandes risas da man de artistas imprescindibles do panorama cultural español dos últimos anos.
Cultura por Alimentos
Evento parte de Cultura por Alimentos. Esta consiste en cambiar simbolicamente a entrada -de balde- pola doazón de produtos que, grazas á colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, Afundación entregará á entidade local Banco de Alimentos Rías Altas para a súa posterior distribución. Desde o Encontro Mundial de Humorismo convídase a todas as persoas asistentes ás actividades da programación paralela a que fagan a súa achega (troquen o seu acceso libre e gratuíto por unha doazón de alimentos non perecedoiros) e así poder construír un EMHU diferente.