La Ruina

La ruina é un show conducido por Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes no que tanto asistentes como invitados especiais comparten en público a súa anécdota máis embarazosa: aquela vez que a súa parella rompeu por WhatsApp, cando se durmiron nunha reunión importante, un malentendido cun taxista… A típica anécdota que, obviamente, sempre é ben recibida nunha cea! Cun invitado especial que compartirá as súas miserias, La Ruina será, de novo, un dos momentos máis inesquecibles do EMHU.