‘Playa de lobos’
Javier Veiga, Marta Hazas
Javier Veiga, que ten unha profunda e persoal vinculación tanto coa EMHU como coa cidade da Coruña, presenta a súa nova película, Playa de Lobos, en exclusiva para o público herculino. Tras a proxección, Javier Veiga, Marta Hazas e —como era de esperar nun acto coma este— un presentador sorpresa participarán nun divertido encontro co público, no que farán todo o posible para que esta sesión do Colón poida ser cualificada de todo menos de un “coloquio”.
En Playa de Lobos, Dani Rovira e Guillermo Francella protagonizan un encontro casual entre dous tipos opostos e condenados a non se entender. Pola nosa banda, faremos todo o que estea ao noso alcance para que gocedes desta presentación tan especial e que vos entendades á perfección.