‘Sujétame el cubata’

Proyección de cine y coloquio con JJ Vaquero

Que pasa cando xuntas un bar en ruínas e a JJ Vaquero? Ven descubrilo na proxección de Sujétame el cubata, a historia dun home intentando salvar o seu bar, «El Erizo», ás costas da súa muller e coa «axuda» (nótese a ironía) dos seus amigos cómicos. Un plan mestre destinado ao desastre onde igual é ela a que acaba pechando o garito.

E unha vez rematada a proxección non te levantes da butaca: temos o protagonista e guionista na sala! Despois da película, abrimos micros para un coloquio onde poderás preguntarlle a JJ Vaquero como diaños se escribe semellante gaiola de grilos e que frases eran do guión e cales improvisadas. Risas, cinema e debate. Vascho perder?