Guonderful Forges
Exposición
Guonderful Forges é unha exposición que percorre os anos de transición do franquismo á democracia (1975-1978), un período de incerteza e esperanza na que España comezaba a imaxinar un futuro novo. A través das súas viñetas, Antonio Fraguas, ‘Forges’, soubo reflectir con agudeza, tenrura e poesía as emocións dunha sociedade en transformación, capturando os seus medos, ilusións e contradicións só cun trazo.
Baixo o subtítulo Los Años de la Esperanza, esta mostra rende homenaxe ao seu legado, recordando como o seu humor axudou á sociedade a procesar os cambios da época e a rir dos seus propios temores. Máis que unha exposición, é unha invitación a mirar con honestidade e proximidade un momento clave da nosa historia, conectando ás novas xeracións coa mirada única de Forges.