Encontro Mundial de Humorismo

Encontro Mundial
de Humorismo

O Encontro Mundial de Humorismo é a cita coa comedia máis relevante e multitudinaria de España. Impulsado pola produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e baixo a dirección artística de Luis Piedrahita, EMHU reúne cada ano na Coruña aos espectáculos máis desternillantes e de maior éxito do momento. En 2024, máis de 20.000 asistentes gozaron cunha programación apta para públicos de todas as idades.

Figuras como Luis Piedrahita, Andreu Buenafuente, Sílvia Abril, Leo Harlem, Eva Hache, Javier Cansado, Carolina Iglesias, Javier del Pino, Ignatius Farray, Ana Morgade, Dani Rovira, Juan Dávila, Eva Soriano, David Broncano, Galder Varas, Henar Álvarez, Antonio Resines ou Touriñán formaron parte do EMHU en anteriores edicións, nas que o público puido rir, en directo, con Estirando el chicle, A vivir, Saldremos mejores, La Ruina, La vida moderna, Mentes peligrosas ou La capital del pecado.

A quinta edición do EMHU, que conta co apoio de Concello da Coruña, Xunta de Galicia e Estrella Galicia, celebrarase do 24 de abril ao 4 de maio de 2025. Serán once xornadas nas que o evento se vestirá de gala e porá a máscara do HUMOR, en maiúsculas, para desenmascarar solemnidades.

A edición máis internacional do EMHU contará, como é habitual, coas súas producións propias exclusivas, como Humoris Causa e Fantastic Colofon -que reúnen por primeira vez sobre un escenario a 4 humoristas-, estreas en España de espectáculos chegados de México e Arxentina, primeiras visitas a Galicia dos mellores shows en xira e, como xa é tradición, unha infinidade de carteis de “entradas esgotadas”. Recomendamos poñer as lentes do EMHU para ver o mundo desde outro prisma: a risa está garantida.

Ademais, cada ano EMHU celebra o humor coa entrega de galardóns que recoñecen o traballo de profesionais do sector. Son os Premios EMH. A continuación podes consultar a lista de figuras premiadas estes anos.

Premios EMHU

Premio EMHU
Álvaro Cunqueiro

Antonio Resines

2024

Carlos Ballarta

2023

Jason Alexander

2022

Alejandro Dolina

2019
Premio EMHU
Fenómeno

Goyo Jiménez

2024

Laura Caballero

2023

Carolina Iglesias e Victoria Martín

2022
Premio EMHU
Wenceslao Fernández Flórez

Xosé Ramón Gayoso

2024

Leo Harlem

2023

Andreu Buenafuente

2022

José Luis Cuerda

2019
Premio EMHU
Fugas

Siro López

2023

Cristina Castaño

2022

Moncho Borrajo

2019

Quen somos?

A dirección artística do festival corre ao cargo dunha das figuras máis representativas do humorismo nacional, o galego Luis Piedrahita, que estará acompañado das produtoras Etiqueta Negra e Producciones El Espectador, ás que une unha relación de colaboración de casi vinte anos.

Etiqueta Negra Producciones é unha empresa galega focalizada na industria do ocio e do entretemento. Dedícase á produción de eventos de gran formato a nivel nacional, así como á representación e distribución de artistas e espectáculos.

Producciones El Espectador é a produtora do humorista e mago coruñés Luis Piedrahita. Leva máis de dez anos desenvolvendo eventos corporativos, producindo espectáculos teatrais, publicaciones editoriais e creando contidos audiovisuais para televisión relacionados coa maxia e o humor.