Contacto
prensa@emhu.es
Lucía Pita
675 404 321
SOLICITUDE DE ACREDITACIÓNS
O prazo de solicitude de acreditacións para cubrir os espectáculos e actividades do EMHU 2025 estará aberto ata o 16 de abril ás 14.00h. Lembramos que as prazas son limitadas e que as peticións se atenderán en función do tipo de cobertura que se vaia a realizar durante o evento.
Só se acreditará unha persoa por medio para cada espectáculo; alén daqueles casos nos que se acompañe de fotógrafa/o ou cámara, que seguirán os protocolos de foto e vídeo de cada show e retiraranse do recinto en canto finalice o tempo pactado en cada proposta.
Na solicitude que se envíe por correo electrónico a prensa@emhu.es debe aparecer:
- Nome e tipo do medio de comunicación.
- Nome/apelidos e cargo da persoa que cubrirá o evento.
- Teléfono e correo electrónico da persoa para a que se solicita a acreditación.
- Tipo de traballo que realizará durante o evento (redacción, fotografa etc.)
- Espectáculos que desexa cubrir.
A organización resérvase o dereito de aceptar a solicitudes en función do tipo de cobertura e da dispoñibilidade das mesmas.