Bárbara Grandío

Formada con mestres da talla de Juan Carlos Corazza ou John Strasberg, Bárbara Grandío consolidou unha carreira versátil en teatro, cinema e televisión. Aínda que o gran público a identifica polo seu icónico papel de Sonia “La Klingon” en La que se avecina, conta cunha sólida traxectoria que inclúe series como A Estiba ou Gran Hotel, e cinema de autor como La historia de un satélite, traballo polo que foi nomeada a Mellor Actriz nos Premios Mestre Mateo. No teatro, tras anos de xiras coa compañía Teatro del Andamio, destacou en montaxes de éxito como Los miércoles no existen.

Inquieta y polifacética, Bárbara compagina la actuación con su labor como coach, guionista y directora. Escribiu e dirixiu a curtametraxe Adiós mamá e o monólogo RARA, proxecto que plantou a semente do seu actual espectáculo, Contra todo pronóstico, e dunha serie en desenvolvemento. O seu universo creativo, plasmado tamén no libro Umor y Hamor, xira arredor dunha idea clara: o seu non é encaixar en moldes antigos, senón facer da marxe o seu sitio favorito.