As R(H)umorosas

Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro, amigas e colegas de profesión diante e detrás das cámaras e dos escenarios, convértense nun ente único que toma como nome As R(H)umorosas. Xuntas, e entre rumor e humor, utilizan a comedia como forma de reivindicar ás máis ilustres mulleres galegas dunha maneira diferente e divertida. Xa por si soas son enormes, pero, xuntas, e entre leiras, cantos e bailes, son o equipo perfecto.