COMUNICADO OFICIAL REFERENTE AO EMHU E O COVID-19

Ola a todos e todas.

Como sabedes, nos gustaría estar agora mesmo cos últimos retoques do Encontro Mundial de Humorismo que se ía a celebrar do 2 ao 10 de maio de 2020. É máis que evidente que non será así e os que ían ser días ilusionantes, se converteron nunha loita diaria por tratar de adaptarnos ás novas medidas do Goberno que se van matizando a medida que avanza a alerta sanitaria polo COVID-19. Estivemos esperando para ofrecer unha información aos asistentes que fose o máis fiable e estable posible pero, dada a situación de incerteza, pensamos que o máis honesto é que teñades toda a información que temos á nosa disposición.

Desde que se anunciou o estado de alarma o 13 de marzo, os nosos días de traballo aumentaron as súas horas -coa colaboración de todos os artistas, espazos e patrocinadores institucionais e privados- para conseguir reaxendar practicamente o 100% das actividades programadas. Tamén empregamos este tempo para tratar de poñer ao voso dispór a opción de devolución dun xeito cómodo, sinxelo e inmediato para aqueles que precisen recuperar o importe, por un ou outro motivo.

Hoxe, podemos polo menos anunciar que a nosa nova data será do 19 ao 27 de setembro. En emhu.es iremos actualizando hoxe os novos horarios e datas de cada show, para que poidades revisar se vos é posible asistir. Pero tamén sabemos que as medidas gobernamentais para eventos culturais e deportivos aínda non se anunciaron, así como tampouco sabemos as condicións sanitarias que nos atoparemos en setembro. Por iso, traballamos nunha segunda data alternativa; por tanto, se en setembro non fose conveniente realizar o evento, porque non foramos capaces de garantir a seguridade e benestar para público, artistas e traballadores/as, o Encontro pasaría a celebrarse en maio de 2021, volvendo ás súas datas orixinais e mantendo a mesma programación.

Non fai falta que vos digamos que esta situación nos quitou o soño polos compromisos adquiridos con patrocinadores, artistas, provedores, etc asi coma todo o que pode implicar tamén para todos e todas os que, dun xeito ou outro, facemos posible o festival: desde o propio staff, aos traballadores dos recintos que o acollen, patrocinadores privados e públicos, provedores externos… e mesmo o golpe que supón de forma colateral para a cidade da Coruña.

Aqueles que desexen solicitar a devolución da entrada, poderán facelo a partir do próximo xoves 30 de abril, seguindo os pasos que atoparedes na nosa web na >Política de Reembolso< Tamén podedes consultarnos calquera cuestión en info@emhu.es ou a través da sección Contacto da nosa web. O período de devolución estará vixente ata 15 días despois da declaración do fin do estado de alarma.

Esperamos que a risa prevaleza e que salgamos reforzados, atopándonos na volta á normalidade un mundo mellor para todos/as. Aproveitamos para agradecer o agarimo e comprensión de cada unha das vosas mensaxes; así como a confianza amosada polos preto de 15.000 asistentes á nosa 2ª edición. O voso apoio danos folgos para seguir traballando no Encontro Mundial de Humorismo da Coruña.

GRAZAS a todos e todas de parte de todo o equipo do EMHU.

> LEER COMUNICADO EN CASTELLANO <


"Cunqueiro buscaba o humor como actitude vital" Entrevista a Armando Requeixo

ENTREVISTA A ARMANDO REQUEIXO SOBRE CUNQUEIRO E O HUMOR

Hoxe no EMHU falamos de Cunqueiro e do seu humor. A figura do escritor terá gran relevancia no Encontro Mundial de Humorismo e é por iso que quixemos falar con Armando Requeixo, coordinador de actividades da Casa Museo Álvaro Cunqueiro ademais de investigador, profesor e crítico literario galego.

Tempo de lectura 3 minutos

 

1. Dise de Cunqueiro que "Se molestaba cuando lo definían como escritor humorista, pero en su obra hay mucho humor". Que hai de certo?

É certo que a Cunqueiro non lle agradaba que o cualificasen de ‘humorista’, pero iso ten unha explicación: a el o que non lle gustaba é que o visen como alguén que se quedaba na superficie hilarante do aparente. O seu non era o riso polo riso, senón o sorriso como actitude vital. Tiña unha ollada profunda e esencialmente humorística, o que acontece é que para el o humor era unha filosofía, un xeito de comprender a vida e a súa circunstancia que estaba moi lonxe do riso fácil. Se un le o que deixou escrito no prólogo A Escola de menciñeiros e fábula de varia xente (1960) entenderá mellor ao que me refiro: "Eu son calisquer cousa menos un humorista. Aínda é verdade que me amola un pouco que me alcumen con isto. Conto o que é, decátome de que son vidas humás as que digo. Que alguén ha sorrir dos pasos que relato, xa o sei. Tamén eu me deixo ás vegadas abanear pola sorrisa. Pro ista é outra danza".

Ou sexa: o de Cunqueiro é o humor como actitude a través da cal comprender a vida e os seus horizontes entre a traxedia e a comedia e lograr, así, responder con lucidez epifánica ao conflito que a existencia mesma formula.

 

2. Estaba o humor deostado? E agora?

Aquí teño que facer unha precisión: humor e humorismo son cousas distintas. O humor é un estado afectivo; o humorismo, unha posición ante a vida. Daquela: pode que o humor se reciba dunha ou doutra maneira en diferentes momentos, pero o humorismo é un elemento antropoloxicamente definitorio do ser galego e, polo mesmo, onte coma hoxe está connosco, forma parte do noso xeito xenuíno de ser, así que deostalo é tanto como desprezar os galegos e dou por suposto que ninguén con boa intención pode manter esa actitude.

 

3. Por que cres que é relevante que figuras coma Cunqueiro estean presentes no EMHU?

Porque Cunqueiro é un dos máximos expoñentes do humorismo literario galego. Frecuentar a súa escrita, saber máis e mellor da súa biopoética é aprehender a esencia dunha mensaxe que nos achega a un dos trazos que nos definen como un pobo de seu, como unha comunidade de seres que se expresan humoristicamente de xeito connatural.

 

4. Seica o humor non se inventou nos monólogos, non si? Como era o humor de Cunqueiro?

Hai monólogos nos que inza o humor e, nalgúns casos, tamén o mellor humorismo, pero é certo que Cunqueiro foi un gran precursor. O humorismo de Cunqueiro era sentimental e relativista, procuraba o sorriso do público, mover a súa intelixencia para que comprendese a fondura dos claroscuros que compoñen a alma humana. A súa escrita convidaba á sabedoría, á madureza espiritual, o que implica a comprensión, a ironía, a serenidade, a empatía, a paciencia, a tolerancia e o recoñecemento dos límites dende un fondo melancólico, tamén a defensa retranqueira como autoprotección e a rexouba como expansión.

 

5. Que poderán ver os asistentes na exposición Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo: encrucillada de camiños?

A exposición quere ser un convite para coñecer de primeira man algúns dos espazos que marcaron a vida e a obra de Cunqueiro. Mondoñedo está no principio e no fondo de toda a súa escrita. El deixou dito que “dunha maneira ou doutra, nos meus libros está un pouco Mondoñedo”. É máis, nunha entrevista de comezos dos setenta chegou a confesar que non importaba que fabulosos mundos idease porque: "Todas as cidades pequenas das que falo son un pouco a miña cidade por moi diferentes que sexan. Tanto me dá que sexa unha cidade grega a onde chega Ulises ou unha cidade da Bretaña, onde chega o sochantre coas ánimas; todas as cidades son un pouco a miña cidade". Polo tanto, poder visitar a través de dez paneis nos que dialogan textos e imaxes cales foron eses lugares aos que Cunqueiro volveu unha e outra vez e sobre os que escribiu, fabulou ou soñou coido que é o mellor tanto de coñecelo a el como á súa cidade, pois dicir Cunqueiro é dicir Mondoñedo e viceversa.

 

6. E na charla Álvaro Cunqueiro ou a viaxe en espiral?

Cunqueiro foi un creador total, un viaxeiro do espazo-tempo literario irrepetible. Tratarei de explicar isto, de trasladar como non só viaxou dende Mondoñedo ata Mondoñedo trazando unha vertixe de dinamismo espiral, na que ao tempo que se afastaba da súa cidade para ollar e escribir outros mundos volvía incesantemente a ela e, como Anteo no mito, alimentarse das súas raíces e proseguir a súa viaxe vital e literaria. Cunqueiro é Odiseo: viaxou por Galicia e fóra dela e escribiu centos de páxinas sobre os camiños en xeral e sobre o Camiño de Santiago en particular, pero tamén viaxou nos seus textos ao arredado Oriente do Simbad, á mítica Bretaña do sochantre Charles Anne Guenole Mathieu de Crozon e á antiga Grecia de Ulises e, no fluír temporal, aos tempos medievais da materia artúrica con Merlín e dona Xenebra ou á Hélade de Orestes. Todas esas viaxes son millenta e unha única: a viaxe da vida e da creación, a espiral infinda que o levou dende a pequena Mondoñedo ao universo da xenialidade literaria.


abonos emhu preguntas frecuentes

Máis do 50% dos abonos vendidos para #EMHU2020 | Preguntas frecuentes

En EMHU estamos de parabéns porque a saída á venda da II Edición do Encontro Mundial de Humorismo non podía ser mellor!

Tras tan só 24 horas desde que se abriu a venda, xa se esgotaron o 50% dos abonos e vendéronse 3.000 entradas. Contámosche como podes adquirir o teu abono antes de que se terminen!

Se aínda non o compraches e tes dúbidas, iremos explicando aquí as preguntas máis frecuentes coas súas solucións. E se prefires comprar entradas para os shows anunciados - sen abono -, podes mercalas aquí.

COMO COMPRAR Os ABONOS DO # EMHU2020

Os abonos son de unidades limitadas e estarán dispoñibles unicamente ata o 22 de Marzo -incluído-. Aínda que ten en conta que xa se vendeu o 50%...

Para comprar os abonos SÓ TES QUE IR AQUÍ.

Verás que podes escoller un ou varios destes abonos:

ABONO MODERNO.

Inclúe DEFORME SEMANAL + A VIDA MODERNA+ PANTOMIMA + EVENTO SORPRESA. Prezo: 48€

ABONO PREMIUM.

Inclúe HUMORIS CAUSA + A VIDA MODERNA + FANTASTIC COLOFON + DEFORME SEMANAL + EVENTO SORPRESA. Prezo: 80€

ABONO PRIMEIRO FIN DE SEMANA.

Inclúe: DEFORME SEMANAL + HUMORIS CAUSA + EVENTO SORPRESA. Prezo: 35€

ABONO SEGUNDO FIN DE SEMANA.

Inclúe: PANTOMIMA FULL + A VIDA MODERNA + FANTASTIC COLOFÓN + EVENTO SORPRESA. Prezo: 62€

COMPRAR ABONOS AGORA

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE ABONOS #EMHU2020

QUE PASA SE ERRO NO CÓDIGO?

Como sabes, ao comprar un abono, o asistente reserva sitio para os espectáculos incluídos pero non obtén o número da túa butaca senón que debe escoller un código de compra -que debe corresponder cos últimos 5 díxitos do teu DNI, incluíndo a letra-.

Se che equivocaches, podes enviar un email a abonos@emhu.es e encargámonos de corrixilo.

CANDO PODEREI ESCOLLER OS ASENTOS?

O prazo para escoller os asentos é do 26 de Marzo ata o 15 de abril.

Lembra que poderás entrar a través da ligazón que che chegou por email e que para reservar os asentos, deberás indicar o teu código de compra - que son os últimos 5 díxitos do teu DNI incluíndo a letra-.

Se non se reserva asinto nese prazo, a organización non garante dispoñibilidade.

HAI ZONA RESERVADA PARA OS ABONADOS?

Si, os abonados teñen unha zona reservada. Así que non te preocupes: ninguén poderá quitarche o teu asento. Tan só lembra reservalo no prazo indicado -do 26 de marzo ao 15 de abril-.

O 26 de Marzo abriráse o prazo para que os compradores de abonos poidan seleccionar as súas butacas nos distintos espectáculos que adquiriron. Para estes compradores, están reservadas unha ampla cota de butacas nas mellores zonas dos diferentes espazos ( Platea Xeral no Coliseum, Zona A en o Palacio da Ópera e Platea en Teatro Colón).

Con todo, a selección das butacas faráse por “orde de chegada" a Eventbrite. Recibiredes unha ligazón no email co que comprastes o abono desde o que poderás acceder aos diferentes planos de butacas. Os primeiros en acceder terán as mellores butacas, que se irán ocupando a medida que os compradores as van seleccionando. As butacas sempre serán nas mellores zonas, pero cara ao final existe a posibilidade de que algunhas entradas queden soltas. Desde a organización faremos o que estea na nosa man para que estes casos sexan os mínimos posibles.

TEÑO MÁIS DÚBIDAS OU PROBLEMAS

Aquí estamos! Podes contactarnos a través da sección Contacto ou mandando un email á abonos@emhu.es. 

 

 


O teu abono para o EMHU 2020. Unidades limitadas!

No EMHU (Encontro Mundial de Humorismo) escoitamos as vosas peticións así que velaquí tedes os abonos para o #EMHU2020!

ABONOS DO #EMHU2020

As entradas están á venda na sección Entradas. Ademais da compra individual de cada show, se poden adquirir catro tipos de abonos de unidades limitadas e únicamente ata o 22 de Marzo -inclusive-.

Podes escoller un ou varios destes abonos:

  • ABONO MODERNO.

Inclúe DEFORME SEMANAL + LA VIDA MODERNA LIVE SHOW+ PANTOMIMA + EVENTO SORPRESA. Prezo: 48€

  • ABONO PREMIUM.

Inclúe HUMORIS CAUSA + LA VIDA MODERNA LIVE SHOW+ FANTASTIC COLOFON + DEFORME SEMANAL + EVENTO SORPRESA. Prezo: 80€

  • ABONO PRIMER FIN DE SEMANA.

Inclúe: DEFORME SEMANAL + HUMORIS CAUSA + EVENTO SORPRESA. Prezo: 35€

  • ABONO SEGUNDO FIN DE SEMANA.

Inclúe: PANTOMIMA FULL + LA VIDA MODERNA LIVE SHOW + FANTASTIC COLOFÓN + EVENTO SORPRESA. Prezo: 62€

MERCAR ABONOS AGORA

COMO FUNCIONAN OS ABONOS #EMHU2020

Os abonos son unidades limitadas e únicamente estarán dispoñibles ata o 22 de Marzo -inclusive-.

Ao mercar un abono, o asistente reserva sitio para os espectáculos incluidos no abono mais non obtén número de butaca senón que obtén un código de compra -os últimos 5 díxitos do seu DNI incluindo letra-. Para obter butaca, debe acceder a eventbrite -do 26 de Marzo ata o 15 de abril- e escoller os asentos en cada un dos shows incluidos no abono, indicando o seu código -os últimos 5 dígitos do teu DNI-.

*Se non reservas asento nese prazo, a organización non garante dispoñibilidade.

Tamén podes adquirir estes abonos ou pedir más información a través do correo abonos@emhu.es e che indicaremos como proceder para mercalos. Se xa mercaches entrada para un espectáculo mais queres beneficiarte dos prezos dos abonos, non te preocupes: solucionaremos o teu caso persoalmente se nos escribes a abonos@emhu.es ou a través de Contacto.