Mentes Peligrosas

Como non podería ser doutro xeito, a reunión de antigas alumnas máis de moda en España chega ao lugar onde naceu, o EMHU. Mentes peligrosas visita A Coruña con Ana Morgade, Eva Hache, Carolina Iglesias e coa imprevisible Henar Álvarez como alumna ilustre e convidada especial. Elas, co seu humor, fan que a nosa vida sexa máis soportable e divertida, e isto é unha festa na súa honra. Un reencontro deses que só teñen espazo no noso Encontro Mundial de Humorismo. Un case nada!