O negocio do humor
Álex Clavero / Juan Herrera / Raquel Martos / Luis Piedrahita
É o humor un bo negocio? Pódese vivir diso? Canto diñeiro ten Broncano no banco? Todas estas preguntas -e outras moitas- NON se responderán na mesa coloquio que presentan Álex Clavero, Raquel Martos, Juan Herrera e Luis Piedrahita. Os catro dedicaron a súa vida ao turbio negocio do humor, protagonizando algúns dos proxectos máis exitosos e creativos da radio, a televisión e o teatro. Na conversa O negocio do humor descubrirannos as súas experiencias, os seus éxitos e, sobre todo, os seus fracasos. O humor para eles é unha forma de vida, pero, tamén, unha actitude ante a mesma.
Sobre os participantes
Álex Clavero dedícase a contar historias dende a verdade -aínda que igual é esaxerar-. Diante do micrófono ten o humor xestual, a simpatía, o ilóxico e o ritmo como ingredientes fundamentais. É colaborador de RockFM, como El Francotirarock no programa de El pirata y su banda. Foi guionista en programas de televisión como El Hormiguero e colaborador en espazos como Lo mejor que te puede pasar, de Nuria Roca.
Juan Herrera é, sen ningunha dúbida, unha auténtica eminencia no mundo da radio e a televisión. Toda unha institución. É un dos piares fundamentais do entretemento tal e como o coñecemos: foi o creador de xoias como Humor Amarillo ou o Gran Prix, un dos guionistas do primeiro Club de la Comedia, e peza crave no nacemento de El Hormiguero. E isto é só a punta do iceberg dun dos máis prolíficos creadores do audiovisual nacional.
Luis Piedrahita é humorista, escritor, ilusionista, presentador e director de cine. É colaborador e guionista do programa de entretenimiento máis exitoso da televisión: El Hormiguero 3.0. Tamén colabora habitualmente en La Ventana, en la Cadena Ser. É autor de sete best sellers de humor, entre eles Cambiando muy poco algo pasa de estar bien escrito a estar mal escroto e A mí este siglo se me está haciendo largo. Actualmente triunfa por España cos seus espectáculos teatrais. O seu último monólogo, nomeado Es Mi Palabra Contra la Mía, é un espectáculo cheo de inxenio e tenrura no que Luis analiza por que ninguén está contento co que lle tocou.
Raquel Martos, xornalista, guionista e escritora que desenvolveu case toda a súa carreira no mundo audiovisual. Traballou en radio e televisión con figuras como Pablo Motos, Luis del Olmo, Carlos Alsina ou Julia Otero, entre moitos outros. Na súa extensa traxectoria pasou por medios como Onda Cero, M80, SER, Antena 3, Movistar Plus+ ou a televisión pública (La 1, La 2).
Cultura por Alimentos
Evento parte de Cultura por Alimentos. Esta consiste en cambiar simbolicamente a entrada -de balde- pola doazón de produtos que, grazas á colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, Afundación entregará á entidade local Banco de Alimentos Rías Altas para a súa posterior distribución. Desde o Encontro Mundial de Humorismo convídase a todas as persoas asistentes ás actividades da programación paralela a que fagan a súa achega (troquen o seu acceso libre e gratuíto por unha doazón de alimentos non perecedoiros) e así poder construír un EMHU diferente.