Presentación ‘Pérdidas de Risa’, de Sílvia Abril
Sílvia Abril / Luis Piedrahita
Neste EMHU presentamos un libro co que coñecerás as historias dunha muller imperfecta e co que terás que manter o control se non queres sufrir… perdas da risa!
Sílvia Abril é unha das actrices e cómicas máis recoñecidas no noso país. Colaborou en multitude de programas de televisión e proxectos cinematográficos. Este 2024 regresa ao EMHU para presentar Pérdidas de risa, o seu novo traballo editorial de non ficción, que chega para plasmar o momento actual que a propia humorista está a vivir e que comparte con millóns de mulleres na súa mesma situación.
O próximo 3 de maio, o Encontro Mundial de Humorismo acolle unha conversa distendida coa artista dirixida a todas aquelas persoas que estean dispostas a ter “perdas da risa”. Ao remate da cita, moderada por Luis Piedrahita, a cómica asinará exemplares do seu libro.
Pérdidas de risa
“Aos 50, a maldita crise non chega de súpeto. Chega cando estás medio cega, menopáusica e cos teus primeiros achaques. É nese punto de inflexión cando a xente se pon teimuda: dalle por pensar todo aquilo que lle queda por facer. Que se tirarse en paracaídas, que se facerse un tattoo, que se probar o poliamor… Amigas, a quen queremos enganar? Xa non nos queda tanta enerxía. Propóñovos algo mellor: botemos a vista cara atrás e revisemos todo aquilo que si vivimos. Foi emocionante, divertido e tamén humillante, non imos negar a evidencia. Pero, sobre todo, podemos dicir que si que o vivimos e, o mellor, SUPERÁMOLO”.