Tengo cosas para hacer
A arxentina Dalia Gutmann chega ao Encontro Mundial de Humorismo para presentar o seu espectáculo Tengo cosas para hacer. A través de monólogos, cancións, interacción coa pantalla, chamadas a metade de show e algúns personaxes que aparecen sobre as táboas, interpretados por ela mesma, Dalia Gutmann comparte co público todo o seu delirio enriba do escenario. A artista convídanos a participar dun espectáculo que fala da celeridade da vida que vivimos, do mundo aspiracional, da culpa, da autoestima, da relación co corpo, das contradiccións, do complexo e apaixoado vínculo coa familia, da parella, da experiencia de ser muller, do sexo e desa interminable lista de cousas pendentes de facer.