Go Home

Go Home é o novo espectáculo de teatro que conta con David Amor e Josito Porto como protagonistas, en asociación con grandes nomes da escena galega como José Prieto, Tito Asorey, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xavier Porto. Trátase dunha peza comprometida coa realidade que conta a historia de David, un fanático das viaxes que xa fixo todas as andanzas que as axencias de turismo lle podían ofertar… Todas, agás unha en concreto. Así comeza, para o noso protagonista, un mundo novo de emocións.