El Velocípedo Mágico
Que teñen en común un neno cun tirafonda, un pai subido a unha cornixa e unha avoa pintando as uñas na piscina? Que as tres xeracións veñen ver El Velocípedo Mágico e vanse cos petos cheos de sorrisos.
Neste show, Billy Bluff cambiou o fole polo pedal e as corcheas polos sorrisos. ver El Velocípedo Mágico non é só un espectáculo; é unha aparición. É ver un home que decidiu que a gravidade é opcional e que o humor é a única forma de cordura que nos queda. Vén ao Encontro Mundial de Humorismo para demostrar que, cando un músico de elite deixa de tocar para empezar a soñar, o que ocorre no escenario non se explica… séntese.
Pasen, vexan e gocen en familia.





