Arranca o #EMHU2026!

Estamos a só unhas horas de abrir as portas dunha edición que vén cargada de estreas, risas compartidas e momentos que quedarán para o recordo. Escenarios listos, artistas con moitas ganas de crear gargalladas e nós desexando vervos encher cada butaca para celebrar que o humor é capaz de aumentar o grao de felicidade dunha cidade enteira.

Se sodes de última hora e aínda estades cadrando o voso itinerario, lembrade que o cartel desta edición medrou ata acadar a súa edición máis ambiciosa: 19 espectáculos que reúnen a máis de 40 artistas de renome nacional e internacional.

Non deixedes nada ao azar: esta edición inclúe 4 estreas absolutas (Caso, Chisteria colectiva, Contra todo pronóstico e Pintando a mona xuntos) e 6 espectáculos que se presentan por primeira vez en Galicia (Disparate, Estirando el chicle: el show de Mentira y Traición, Estoy como nunca, Ícaro, Nanutria en A Coruña e Yunez Chaib en directo). Botádelle unha última ollada á programación para non perder ningunha sorpresa!

Moitos espectáculos xa están sold out, mais tamén podedes encontrar as últimas entradas para algúns deles, así que este é o sinal que estabades agardando: asegurade a vosa butaca e preparádevos para vivir 11 xornadas cheas de diversión!

Mañá arrincamos, mañá volve a maxia… Vémonos nos teatros, e tamén nas rúas! 😉