Presentámosvos ás arquitectas, capataces, delineantes, obreiras, enxeñeiras, topógrafas, urbanistas, carpinteiras, albaneis, mastodontas, fontaneiras, paisaxistas e decoradoras que axudarán a construír e destruír esta cuarta edición do Encontro Mundial de Humorismo!
O venres 26 de abril comezaremos coa forza dunha auténtica apisoadora. Pedístedesnolo, e aquí está: Juan Dávila volve ao EMHU, e o fará no Coliseum. Seguiranlle reencontros coma o de Ana Morgade, Carolina Iglesias, Eva Hache e Henar Álvarez, antigas alumnas da escola da comedia reunidas en Mentes peligrosas. Pecharemos o primeiro fin de semana cunha auténtica festa con Roberto Vilar e Celebreixon, o seu primeiro espectáculo en solitario.
Durante a semana, racharemos coa rutina de A Coruña a golpe de humor, enchendo os espazos da cidade coa mellor comedia. O mércores 1 de maio chegará ao Teatro Colón Go Home, unha xoia de Tito Asorey con David Amor e Josito Porto. Ao día seguinte, Galder Varas achegaranos Esto no es un show, que xa dende o título do espectáculo nos da pistas de canto se pode destruír e construír a través da comedia.
O venres 3, en Afundación, a arxentina Dalia Gutmann presentará Tengo cosas para hacer, o seu primeiro espectáculo en solitario. Posteriormente, Álex Clavero espéranos no Colón con La nueva normalidad, o show co que leva tempo triunfando por toda España. O sábado 4 “erguerémonos cediño” para reunirnos de novo con La ruina e compartir grandes miserias. Pola noite, vestirémonos de etiqueta para celebrar Humoris Causa, a nosa xa imperdible gala que este ano contará con auténticas xoias da comedia como Sílvia Abril, Leo Harlem, Goyo Jiménez e Luis Piedrahita. Finalmente, o domingo 5 de maio despedirémonos con Fantastic Colofon, este ano a cargo de Javier Veiga, Xosé A. Touriñán, As R(H)umorosas e David Cepo.
Chegamos xunto antes do Nadal para que poidades facer un agasallo ben gracioso. Vémonos en A Coruña esta primavera? Non te despistes… as entradas estarán á venda dende este venres 22 de decembro, ás 11.00h, en emhu.es e Ataquilla!
EMHU 2024 conta co apoio de Estrella Galicia, Concello de A Coruña, Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, Deputación de A Coruña, Teatro Colón, Afundación, Coliseum, Pazo da Ópera e Palexco.