O Encontro Mundial de Humorismo colabora na súa cuarta edición co programa Cultura por Alimentos, impulsado por Afundación, Obra social ABANCA. A intención desta campaña é que o público que asista ás actividades paralelas gratuítas do EMHU que teñan lugar na Sede de Afundació  poida participar desta acción solidaria facendo unha doazón de alimentos non perecedoiros.

A campaña Cultura por Alimentos consiste en cambiar simbolicamente a entrada -de balde- pola doazón de produtos que, grazas á colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, Afundación entregará á entidade local Banco de Alimentos Rías Altas para a súa posterior distribución. Desde o Encontro Mundial de Humorismo convídase a todas as persoas asistentes ás actividades da programación paralela a que fagan a súa achega (troquen o seu acceso libre e gratuíto por unha doazón de alimentos non perecedoiros) e así poder construír un EMHU diferente.

Actividades gratuítas do EMHU que forman parte do programa Cultura por alimentos

– Xoves 25 de abril, 20.00h – El nicho. Con David Perdomo
– Sábado 27 de abril, 12.30h – Match de Impro. Con Escuela de Impro Coruña
– Martes 30 de abril, 20.00h – Coidado coas bromas. Unha mesa redonda sobre os perigos do humor.
– Sábado 4 de maio, 12.30 horas – O negocio do humor. Con Álex Clavero, Juan Herrera, Luis Piedrahita e Raquel Martos.